A aula Cemit do Vicedo ofrece un curso sobre ciberseguridade

AMariñaXa
A aula tecnolóxica do Vicedo, aula Cemit, situada na casa da cultura, está a ofrecer dun curso sobre ciberseguridade.
1 aula cemit vicedo ordenadores
1 aula cemit vicedo ordenadores
4 Abr 2024

A aula tecnolóxica do Vicedo, aula Cemit, situada na casa da cultura, está a ofrecer dun curso sobre ciberseguridade. Esta cita será o luns, 29 de abril en horario de 18.00 a 20.00 horas.

Nel falaranse temas como panorama actual, as credenciais, como crealas e protexelas, como facer unha navegación segura, identificar sitios web inseguros, etc.

As inscricións haberá que facelas na casa da cultura e para máis información pódese chamar ao 982 590 195, escribir a cemit.ovicedo@gmail.com ou ben de forma presencial na casa da cultura do Vicedo en horario de 16 a 20 horas. Tamén pode facerse na seguinte ligazón.

0.18305802345276