A Aula CeMIT de Barreiros ofrece a primeira convocatoria de competencias dixitais

AMariñaXa
A superación destas probas acreditará o dominio das competencias dixitais conforme ao Marco Europeo
1-aula-cemit-vicedo-ordenadores
10 Sep 2024

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) convocou recentemente actividades de autoformación e probas de certificación para obter o certificado galego de competencias dixitais (ComDix) – nivel iniciación, que poderán realizarse na Aula CeMIT de Barreiros. A superación destas probas acreditará o dominio das competencias dixitais conforme ao Marco Europeo de Competencias Dixitais DigComp 2.2 e ao Decreto 123/2021, que regula o Marco galego de competencias dixitais.

A convocatoria inclúe dúas partes: actividades de autoformación, dispoñibles na plataforma de teleformación de CeMIT, que non son obrigatorias para presentarse ás probas, e as probas de certificación, que se realizarán o 25 de outubro e o 22 de novembro ás 10.00 na Aula CeMIT de Barreiros. As inscricións poden realizarse ata o 18 de setembro para a proba de outubro e ata o 18 de outubro para a de novembro, a través da web oficial de CeMIT. Para máis información, está dispoñible a web https://cemit.xunta.gal ou o correo electrónico formacion-cemit@xunta.gal

0.16058897972107