A aula CeMIT convértese en ilusión para as crianzas coa conexión máxica Barreiros-Laponia

AMariñaXa
Nenos e nenas poderán falar con Papá Noel e contarlle as súas peticións grazas ás novas tecnoloxías
cemit-barreiros-papa-noel
16 Dec 2024

A aula CeMIT de Barreiros convértese nun lugar de maxia e ilusión cunha actividade para as nenas e nenos do municipio. A través das novas tecnoloxías, fan conexións en directo con Laponia, permitindo que as crianzas poidan falar con Papá Noel e contarlle as súas peticións para este Nadal.

O alumnado do CEIP de San Cosme desprazouse ata a aula para participar nesta experiencia. Este martes 17, será o alumnado do CEIP de San Miguel quen viva esta conexión máxica coa terra do Nadal.

A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, destacou o bonito desta iniciativa: “É unha oportunidade para que as crianzas poidan vivir con máis intensidade a maxia do Nadal grazas ás novas tecnoloxías. Ademais de fomentar a ilusión propia destas datas, promóvese o uso das TIC dun xeito positivo e innovador”.

Desde o Concello de Barreiros agradecen a colaboración dos centros educativos do municipio por sumarse a esta actividade que converte a tecnoloxía en vehículo para transmitir desexos e ilusións.

 

 

0.16199493408203