A asociación Saúde Mental A Mariña presenta unha nova edición da revista Agarimo
A asociación Saúde Mental A Mariña, no centro que a entidade xestiona en Cervo, celebrouse a presentación da nova edición da revista Agarimo, nun acto que contou coa presenza de persoas usuarias, familiares, profesionais da asociación e do deputado Daniel García.
O deputado quixo salientar o traballo da entidade, destacando “a labor realizada pola entidade na atención e no acompañamento ás persoas con enfermidades mentais e as súas familias en toda a Mariña, cun gran compromiso e implicación persoal e un método de traballo que é referente en toda Galicia”. Ademais, en relación coa publicación subliñou “a importancia da actividade creativa e cultural como instrumento para o benestar e a vida das persoas e para a cohesión social e a convivencia”.
A revista Agarimo, editada de maneira anual coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, recolle textos informativos e creativos realizados polas persoas usuarias de Saúde Mental A Mariña, ademais de fotografías que resumen a actividade desenvolvida ao longo do ano. Esta publicación reafirma o papel da entidade como dinamizadora cultural e exemplo de integración na comarca.
Outra iniciativa destacada da asociación é o grupo de teatro Saúde Mental A Mariña, que forma parte do circuíto de teatro afeccionado impulsado pola área de Cultura da Deputación. Este ano, representaron a obra 'Eres único: teatro contra o bullying'.