A Asociación Patrimonio Laurentino convoca unha conferencia sobre o mosteiro de Lourenzá

AMariñaXa
Será este sábado, ás 19.30 horas no salón de actos municipal, a cargo de Carlos A. González Paz
igrexa-do-mosteiro-de-San-Salvador-de-Lourenza
24 Oct 2025

O salón de actos de Lourenzá acollerá este sábado 25 de outubro ás 19:30 horas unha interesante charla titulada O mosteiro de San Salvador de Lourenzá no século XII. O relatorio estará a cargo de Carlos A. González Paz, investigador do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC–Xunta de Galicia), quen abordará a evolución histórica e o papel do cenobio laurentino durante a Idade Media.

A actividade está organizada pola Asociación Patrimonio Laurentino e conta coa colaboración do Concello de Lourenzá. Trátase dunha oportunidade para coñecer máis a fondo a relevancia do mosteiro, considerado unha das xoias do patrimonio monástico galego, así como o contexto histórico no que se desenvolveu a súa actividade relixiosa e cultural.

Desde a organización animan á veciñanza e ao público interesado no patrimonio e na historia de Galicia a asistir a esta cita cultural que contribuirá a poñer en valor un dos símbolos máis representativos de Lourenzá.

⚙ Configurar cookies
0.14605903625488