A Asociación de Veciños San Julián de Sante poderá participar nun curso de primeiros auxilios
AMariñaXa
O voceiro popular, José María Fernández, explica que o curso desenvólvese en dúas xornadas
25 Oct 2024
O PP de Trabada pon a disposición da Asociación de Veciños San Julián de Sante un curso de primeiros auxilios. O voceiro popular, José María Fernández, explica que o curso desenvólvese en dúas xornadas, unha celebrada no día de onte e outra o vindeiro 14 de novembro. En cada unha destas xornadas participarán 18 veciños de Trabada e “deste xeito queremos dar resposta a unha petición destes veciños, moi preocupados por aprender estas técnicas de axuda en momentos de emerxencia”.