A Asociación de veciños de San Adriano de Lourenzá prepara unha viaxe ata a Ribeira Sacra
AMariñaXa
A Asociación de veciños de San Adriano de Lourenzá prepara para o vindeiro sábado 27 de maio a Romaría das cruces.
2 Out 2023
A Asociación de veciños de San Adriano de Lourenzá prepara para o vindeiro mércores 11 de outubro unha viaxe dentro do programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo.
Haberá un total de 23 prazas asignadas totalmente gratuítas e viaxarán ao Centro de Interpretación terras do Miño en Lugo, unha adega en Amandi, visitarán a Rectoral de Gundivós e desfrutarán dunha demostración de olaría tradicional, e achegaranse ata un miradoiro sobre o canón do Sil.
Para participar haberá que anotarse antes do 6 de outubro chamando ao 677 855 321.