A Asociación de Veciños Casco Antigo de Viveiro preocupada polo "descontrol nalgúns locais nocturnos"

AMariñaXa

Dende a Asociación de Veciños Casco Antigo de Viveiro veñen de trasmitir a súa "indignación e consecuente preocupación e alarma polos feitos da noite de Reis" así como polo ruido e inseguridade que viven habitualmente.

14 ene 2023

Dende a Asociación de Veciños Casco Antigo de Viveiro veñen de trasmitir a súa "indignación e consecuente preocupación e alarma polos feitos da noite de Reis" así como polo ruido e inseguridade que viven habitualmente.

"Que é o que pasa en Viveiro para que un home saque unha pistola nun local de ocio nocturno do casco vello ás cinco da mañá e ninguén chame a policía", din dende o colectivo, "que máis ten que pasar para que dende a Alcaldı́a escoiten e nos resposten as preguntas e demandas que lles fixemos e tomen medidas urxentes e drásticas para arrefriar a movida no Casco?".

Así mesmo comunicaron que existen certos locais nocturnos que pechan máis tarde do horario permitido polo que os ruidos e a inseguridade é palpable no ambiente. "Tratase dunhes bares que abren ás seis da mañá, non para dar bocatas e cafés como se fixo toda a vida, non, son bares que funcionan como pubs con música alta onde recala a xente unha vez que pechan os outros locais", din, "non hai control ningún nin inspeccións sobre estes locais, en canto a seguridade, sonorización, aforo, electricidade, sanidade, accesibilidade…,  aquı́ podese reabrir locais con licenza dende os anos 70 caducada, simplemente  presentando unha Declaración Responsable".

Dende o colectivo veciñal dixeron que lles "gustaría que o Casco fose un lugar de encontro, tamén co ocio, pero non ası́, non pode ser que catro locais nocturnos, contados, envelenen a vida da veciñanza", ao que engaden que ao resto da hostalaría vivairense, tan só poden agradecerlles o seu esforzo e tesón por sacar adiante os seus negocios, moitas veces compitindo en desigualdade cos locais que non cumplen".