A Asociación Cultural e Deportiva de Xove lanza a inscrición para as actividades da tempada 2025-2026

A Asociación Cultural e Deportiva de Xove xa ten en marcha o proceso de inscrición para as actividades da tempada 2025-2026. Ata o 31 de agosto, as persoas interesadas poden reservar a súa praza a través da páxina web oficial da entidade, www.acdxove.com.
A programación inclúe unha ampla variedade de escolas orientadas tanto ao deporte como á cultura, pensadas para distintos rangos de idade. No ámbito deportivo, os veciños e veciñas poderán elixir entre fútbol sala, atletismo, karate, baloncesto, patinaxe e moitas máis. No eido das artes, a asociación ofrece escolas de teatro e pintura.
O acto de presentación da nova tempada celebrarase o sábado 13 de setembro ás 20:00 horas no salón de actos do Centro Cívico. A partir do luns 14 de setembro comezarán as actividades, segundo o horario específico de cada disciplina.
Con esta nova oferta, a ACD Xove reforza o seu compromiso coa formación integral, o benestar físico e a dinamización cultural do municipio.