A asociación Avelino Díaz e A Quenlla presentan o disco como homenaxe aos poemas do autor

LugoXa | TerraChaXa | AMariñaXa
O traballo discográfico, editado en novembro de 2023, culmina o compromiso que A Quenlla manifestou coa causa de Avelino Díaz
disco_a_quenlla
9 Aug 2024

O vindeiro luns a Asociación Cultural Avelino Díaz e A Quenlla presentan no xardín do Pazo de San Marcos o disco Na lírica emoción, no que a histórica formación pon música a doce poemas de Avelino Díaz (Órrea-Riotorto, 1897- Bos
Aires, 1971). O traballo discográfico, editado en novembro de 2023, culmina o compromiso que A Quenlla manifestou coa causa de Avelino Díaz e para o que contou co acompañamento da asociación cultural, creada en 2014 para impulsar o estudo e divulgación da vida e da obra do autor, cunha ampla produción poética e xornalística pouco coñecida en Galicia e aínda hoxe, en parte, inédita.

A entidade cultural, que leva unha década reivindicando a figura de Avelino Diaz no ámbito educativo, académico, institucional, cultural e social, colaborou no financiamento do disco e promove, nos últimos meses, diferentes accións para ampliar a súa difusión e distribución. A presentación en Lugo -desde ás 19.00 horas e aberta ao público –contará con representantes da entidade cultural e do grupo A Quenlla, que explicarán o proceso de creación do disco e interpretarán algúns dos temas. O acto suporá un adianto do que será o primeiro concerto completo con
cancións do disco, que se celebrará o 23 de agosto en Meira.

 

 

0.16616702079773