A Apalpadora comeza hoxe un percorrido polos colexios e concellos da provincia

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | SarriaXa | LugoXa | AMariñaXa
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo puxo en marcha un programa de visitas da Apalpadora a distintos concellos.
visita apalpadora
14 Dec 2022

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo puxo en marcha un programa de visitas da Apalpadora a distintos concellos, co obxectivo de promover a presenza de tradicións propias na representación do Nadal e ofrecer a nenas e nenos unha proposta de lecer en galego nestas datas.

A narradora Antía Vázquez, acompañada polo músico André Espiñeira, é a encargada de presentar as crianzas esta personaxe, un carboeiro de barba vermella que baixaba das montañas ás vilas a noite do 24 ou o 31 de decembro para tocar o ventre das crianzas e comprobar se comeran suficiente durante o ano, deixando ao seu carón agasallos e castañas e desexos de felicidade e comida.

A súa historia trasmitiuse a través da tradición, especialmente na zona do Courel e do oriente ourensán. Na última década, asociacións e colectivos culturais de distintos puntos de tomaron a iniciativa para recuperar este personaxe e as lendas e ritos que a rodean.

As primeiras visitas recibíronas esta mañá no CEIP Nº º de Foz e no CEIP da Pontenova, e continuarán durante as tres vindeiras semanas, pasando polos concellos de Portomarín, Guntín, Lugo, Chantada, Triacastela, Ourol, Alfoz, Ribadeo, O Incio, Lugo, Pantón, Sarria, O Páramo, Sarria, Samos, Carballedo, A Pastoriza, Begonte, Pol, A Fonsagrada, O Saviñao, Riotorto, Lourenzá e Vilalba

A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, sinalou que “un ano máis poñemos en marcha este calendario de visitas co obxectivo de achegar a nenos e nenas esta figura do Nadal galego e a súa historia” e valorou “a oportunidade que esta personaxe ofrece para reivindicar as nosas tradicións e tamén valores ligados ao coidado do territorio”.

O espectáculo

A filla do coñecido Apalpador toma o relevo do seu pai e baixa das montañas para encontrarse coas crianzas da provincia nun formato de contacontos musicado e interactivo onde se mesturan cantigas, lendas e dinámicas.

Estará acompañada polo seu irmán músico André, para mergullarse con cancións da súa misteriosa historia. Ademais, levará froitos que recolle durante todo o ano e agasallos fabricados por ela mesma para entregar aos nenos e nenas neste Nadal.

Calendario

  • Martes, 13 de decembro
    A PONTENOVA. CEIP da Pontenova
    FOZ. CEIP Nº 1 de Foz
  • Mércores, 14 de decembro
    PORTOMARÍN. CEIP Virxe da Luz
  • Xoves, 15 de decembro
    GUNTÍN. CPI Tino Grandío
    LUGO. Antiga Escola de Barbaín. Semente Lugo
  • Venres, 16 de decembro
    CHANTADA. CEIP San Xoan de Requeixo
  • Sábado, 17 de decembro
    TRIACASTELA. Fonte do Lunar
    OUROL. Local Social de Bravos
  • Domingo, 18 de decembro
    ALFOZ. Casa da Cultura
    RIBADEO. Praza 8 de marzo
  • Luns, 19 de decembro
    O INCIO. CEIP Ricardo Gasset
    LUGO. CEIP As Gándaras
  • Mércores, 21 de decembro
    PANTÓN. CEIP Monte Baliño
    LUGO. CEE Santa María
  • Xoves, 22 de decembro
    SARRIA. EEI Xela Arias
    O PÁRAMO. CEIP do Páramo
    SAMOS. CEIP de Samos
  • Venres, 23 de decembro
    CARBALLEDO. Punto de Atención á Infancia
  • Sábado, 24 de decembro
    A PASTORIZA. Salón de Actos do Concello
  • Luns, 26 de decembro
    BEGONTE. Telecentro
    POL. Escola de Cirio
  • Mércores, 28 de decembro
    A FONSAGRADA. Os Chaos
  • Xoves, 29 de decembro
    O SAVIÑAO. Auditorio Escairón
    RIOTORTO. Centro Sociocultural Avelino Díaz
    LOURENZÁ. Salón de Actos do Concello
  • Sábado, 31 de decembro
    VILALBA. Casa Escola de Román
  • Luns, 2 de xaneiro
    CARBALLEDO. Campo da Feira de Castro
    LUGO. Escola de Pías
0.19587206840515