A Apaga organiza un seminario sobre Proxectos de Movilidad Erasmus+ este sábado en Ribadeo

AMariñaXa
A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia organiza un seminario sobre Proxectos de Movilidad Erasmus+, que se celebrará nas súas instalacións de Vilar, en Ribadeo, este sábado, 14 de outubro, en horario de 10.
Ribadeo recepcion Apaga 2
13 Oct 2023

A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia organiza un seminario sobre Proxectos de Movilidad Erasmus+, que se celebrará nas súas instalacións de Vilar, en Ribadeo, este sábado, 14 de outubro, en horario de 10.00 a 13.00 horas.

O presidente de Apaga, Álvaro Doural, explica que “abordaremos cuestións como que é Erasmus+, os participantes que poden beneficiarse destes proxectos europeos, os países de destino, a duración das estancias, os idiomas, a canalización de axudas e bolsas, a inclusión e a internacionalización das institucións”.

Doural engade que “o ErasmusDay, que teremos o sábado, está dirixido a profesorado e alumnado de FP de toda a zona, a empresas e a institucións relacionadas coa educación. Trátase dunha cita que se celebra durante toda esta semana nos países que forman parte da Unión Europea”.

Así, subliña que “agora mesmo temos en marcha proxectos de mobilidade e tamén de innovación. Estamos a terminar un sobre robótica e iniciarase un sobre a tecnoloxía do hidróxeno. Fixemos desde Apaga unha aposta importante no tema do hidróxeno, fixemos un estudo nas distintas empresas que o están utilizando, estudos tamén a nivel doutros países como Alemaña que o está empregando tamén principalmente no ferrocarril. E cremos que pode ser a tecnoloxía do futuro, nalgunhas empresas españolas como a EMT de Madrid xa se está utilizando e están a empezar a crear as súas propias hidrogeneras para poder producir hidróxeno”.

As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse a Apaga no teléfono 639 88 49 45 ou ao correo electrónico apagaribadeo@gmail.com.

Ribadeo recepcion Apaga 2
0.17166900634766