A ampliación e mellora da estrada ribadense de Vilela están na fase final coa axuda da Deputación

AMariñaXa
As obras de ampliación e mellora na estrada provincial que une o núcleo urbano de Ribadeo e Vilela, a LU-P-5207, están chegando ao seu fin.
Visita deputacion as obras da ponte de Feve en Ribadeo
18 Mar 2023

Xa se acometeu a ampliación da ponte de Feve e a instalación dunha pasarela voada e estase a traballar na construción de beirarrúas. A actuación completarase co estendido de aglomerado en quente, a instalación de pasos elevados e a sinalización.

As obras de ampliación e mellora na estrada provincial que une o núcleo urbano de Ribadeo e Vilela, a LU-P-5207, están chegando ao seu fin.

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, supervisou as obras que son posibles cunha achega da institución provincial de medio millón de euros.

Con esta actuación, o presidente cumpre un compromiso coa veciñanza de Ribadeo para acondicionar esta vía no tramo que descorre paralelo ao campo de fútbol municipal ata a ponte de Feve.

Os traballos, que xa están na fase final, consistiron na ampliación da ponte de Feve e a instalación dunha pasarela voada, para o que foi necesario demoler a parte superior da estrutura existente. Colocáronse tamén dúas cimbras a ambos lados da nova estrutura e unha lousa na parte superior, tamén se instalaron varandas e elementos de separación para protexer o tráfico rodado do peonil. Agora mesmo estase a traballar na construción de beirarrúas e para completar estas obras falta o estendido do aglomerado en quente, a instalación de pasos elevados e a sinalización. A Deputación de Lugo tamén repuxo os servizos municipais existentes de abastecemento e saneamento.

O presidente subliñou que estas actuacións “supoñerán un antes e un despois” nesta zona pola súa “repercusión social”, en tanto que mellorarán de maneira substancial a  seguridade e a comodidade de condutores, ciclistas e viandantes. De feito, recalcou, trátase dunha estrada moi frecuentada, sobre todo rapaces e rapazas que acoden aos adestramentos no campo de fútbol municipal que se sitúa ao pé da vía do tren, un traxecto que, con noite ou mal tempo, resulta especialmente perigoso cando se cruzan vehículos e peóns.

Melloras na estrada provincial de Ribadeo a Trabada por Arante

O mandatario provincial aproveitou a súa visita a Ribadeo para comprobar o estado doutra estrada no concello mariñán, en concreto, a LU-P-5204, que vai de Cedofeita a Regocorto por Arante, ata chegar a Trabada. Unhas obras que están en fase de contratación e cos que a Deputación renovará o firme entre os puntos quilométricos 2,780 e 3,600. A Deputación de Lugo inviste neste proxecto preto de 50.000€.

Os traballos inclúen a reapertura de cunetas, eliminando a vexetación e os aterramentos e desatascándoas para facilitar a evacuación de augas cando chove. Tamén se vai pavimentar con aglomerado en quente o treito, para aumentar a comodidade e a seguridade na condución.  Unha vez estea finalizada a pavimentación, procederase a pintar a vía con marcas reflexivas brancas.

Explicou Tomé Roca que “estas obras beneficiarán a centos de veciños e veciñas que utilizan esta vía para comunicarse con varias parroquias do interior de Ribadeo, e tamén para desprazarse cara Trabada e outras zonas do interior da provincia”.

6,7M€ investidos en Ribadeo

Esta actuación forma parte da colaboración constante e continua da Deputación de Lugo co concello de Ribadeo, onde a institución provincial inxectou máis de 1,9M€ o ano pasado e un total que se achega aos 6,7M€ desde o principio do mandato. Un investimento que serviu para dotar de máis e mellores servizos aos veciños e ás veciñas deste municipio da Mariña.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19060897827148