A ampliación do polígono xovense de Camba abranguerá algo máis de 56.000 metros cadrados

AMariñaXa
O Concello de Xove vén de comunicar quee stá aberto o prazo para inscribirse no XI Encontro de Palilleiras de Xove.
reunion xove xunta ampliacion poligono camba 2023
reunion xove xunta ampliacion poligono camba 2023
6 sep 2023

Este ano está previsto que se adxudique o contrato para redactar o Plan estruturante de ordenación de solo empresarial (PEOSE) que permitirá acometer a ampliación do parque xovense de Camba, unha infraestrutura desenvolvida a finais dos anos 90 grazas a un convenio entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello e que na actualidade non ten solo dispoñible a pesar de existir demanda na zona.

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, explicoulle a un grupo de empresarios do concello de Xove e da súa contorna os pormenores e analizaron e expoñeros os últimos pasos dados co obxectivo de avanzar na tramitación da futura ampliación do polígono industrial de Camba.

Tras lembrar que o novo ámbito previsto abranguerá algo máis de 56.000 metros cadrados e suporá un investimento estimado en 4,24 millóns de euros por parte da empresa pública Xestur, a vicepresidenta considerou necesaria e oportuna esta primeira ampliación xa que permitirá ao parque de Camba sumar máis solo industrial e comercial, ademais de zonas verdes, espazos dotacionais e viarios de acceso.

En todo caso, explicou que no Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia se prevé o crecemento deste polígono en ata 120.000 metros cadrados, polo que sería factible tamén abordar futuras fases en caso de que fose necesario.

Neste sentido, a responsable autonómica incidiu na oportunidade que suporá esta primeira ampliación do polígono de Camba para o municipio lucense e para o conxunto da comarca xa que, lembrou, é unha zona onde hai “pouco solo dispoñible”.

Por iso, animou aos empresarios presentes na xuntanza a facer as súas achegas e suxestións co fin de que poidan ser tidas en conta tanto pola Xunta como polos redactores do PEOSE para tratar de axustarse ás súas necesidades.

O PEOSE do parque empresarial de Xove non é o único que tramita a Xunta ao amparo da Lei de áreas empresariais de Galicia aprobada en 2022, que prevé esta figura como un novo instrumento de ordenación e planificación para a creación de solo empresarial que permite reducir prazos para a aprobación dos proxectos de urbanización e simplifica tamén a tramitación ambiental.

Nestes momentos, hai outros 12 plans estruturantes en distintas fases da súa tramitación, sendo os máis avanzados os dos polígonos de Bértoa, en Carballo, Paderne de Allariz e Coristanco —os tres en fase de preparación do documento de aprobación inicial— ou o de Santa Comba, actualmente en redacción.

0.1744430065155