A alcaldesa de Trabada aclara as críticas do PP sobre o uso dos locais sociais

AMariñaXa
A alcaldesa de Trabada aclara as críticas do PP sobre os locais sociais “non entran dentro das establecidas na LOREG”.
Mayra garcia bermudez alcadesa de trabada
Mayra garcia bermudez alcadesa de trabada
23 mar 2023

A alcaldesa do Concello de Trabada, Mayra García Bermúdez, aclara que as datas solicitadas polo PP para manter reunións cos veciños nos locais sociais “non entran dentro das establecidas na LOREG”.

“En primeiro lugar, debo aclarar que aínda estamos en prazo para responder o recurso de reposición presentado onte polo PP á miña decisión”, asegura a alcaldesa de Trabada.

Na resolución da alcaldía, García Bermúdez lembra que “a solicitude en cuestión para a utilización dos locais sociais é para a celebración de actos de natureza política promovidos e organizados por un partido político, e as datas solicitadas non entran dentro das expresamente establecidas na LOREG para a realización de actos desa natureza”.

Ademais, engade que “os locais sociais se utilizan polo concello para a organización de diferentes actividades e están fundamentalmente a disposición dos veciños e das asociacións do Concello de Trabada para a realización ou celebración de actos que teñan un carácter eminentemente social, deportivo, cultural, ou lúdico-festivo”.

En palabras de Mayra García Bermúdez, “é unha pena que catro anos máis tarde non coñezan os trámites nin os prazos que establece o procedemento administrativo e sigan enviando as convocatorias das xuntanzas, cando se lles denegou a autorización dos locais, incumprindo así o ordenado pola máxima autoridade do pobo".

"Unha vez máis, os representantes do PP volven a confundir o público co privado e as institucións cos partidos políticos", remata a alcadesa.