A alcaldesa de Cervo visita as piscinas para coñecer a actividade que realiza a Asociación Saúde Mental

AMariñaXa
Dolores García Caramés destacou “a importancia de poñer os servizos municipais ao alcance das entidades que realizan un labor social tan necesario”
asociacion-saude-mental-a-marina
23 Oct 2025

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a piscina municipal para compartir uns intres coas persoas usuarias da Asociación Saúde Mental, que, como cada mércores, fan uso destas instalacións.

A rexedora puido coñecer de primeira man a actividade acuática que o colectivo desenvolve semanalmente, unha iniciativa que contribúe ao benestar físico e emocional das persoas participantes, ao tempo que promove a inclusión, a convivencia e a saúde en comunidade.

Dolores García Caramés destacou “a importancia de poñer os servizos municipais ao alcance das entidades que realizan un labor social tan necesario” e agradeceu “o traballo da Asociación Saúde Mental, así como do persoal da piscina, que colabora activamente para que esta actividade poida levarse a cabo cada semana”.

A alcaldesa subliñou tamén que é un auténtico pracer ver a piscina chea de vida, risas e movemento, un espazo que se enche de enerxía positiva e compañeirismo cada mércores.

O Concello de Cervo reafirma así o seu compromiso coa promoción da saúde, a integración social e a mellora da calidade de vida de toda a veciñanza.

⚙ Configurar cookies
0.21093988418579