A alcaldable do BNG, Míriam Bermúdez, ve unha prioridade levar a cabo un Plan de Accesibilidade en Viveiro

AMariñaXa
A alcaldable do BNG, Míriam Bermúdez, ve unha prioridade levar a cabo un Plan de Accesibilidade en Viveiro.
miriam bermudez BNG Viveiro
miriam bermudez BNG Viveiro
22 may 2023

A alcaldable do BNG, Míriam Bermúdez, ve unha prioridade levar a cabo un Plan de Accesibilidade en Viveiro. Un estudo da situación actual do concello, establecendo criterios e prioridades, programando por fases as actuacións a executar. "Con previsión orzamentaria, é a única forma de eliminar todas as barreiras ás que se enfrentan diariamente a nosa veciñanza e visitantes en Viveiro".

"É necesario adaptar os espazos para as persoas e non ao revés" sinala Míriam Bermúdez, "hoxe en día en Viveiro hai que facer peripecias para moverse en cadeira de rodas, camiñar con bastón ou mesmo levar un carriño de bebé. É inadmisible que aínda existan en Viveiro beirarrúas sen rampa nos pasos de peóns tal e como se pode ver na praza Donapetry, por poñer un exemplo".

Existen moitas barreiras especialmente urbanísticas, polo que queremos peonalizar espazos como a Praza de Lugo, mover o mobiliario urbano que non permite o paso cómodo, instalar pasarelas para acceder ás praias, implantar axudas técnicas para acceder ao vaso da piscina e mesmo ao edificio consistorial… Necesidades que para sacar adiante se precisa dun Plan de Accesibilidade como ferramenta de xestión.

Así como outras barreiras non urbanísticas como a implantación de semáforos sonoros ou o sistema de bucle magnético nos edificios municipais, sen deixar no esquecemento as barreiras na comunicación facendo accesible a páxina web do Concello.

Míriam Bermúdez ten claro que "o BNG no goberno facilitará a vida de toda a veciñanza nun Viveiro Sen Barreiras, en beneficio de toda a comunidade e servindo incluso de reclamo turístico".

miriam bermudez BNG Viveiro