A ADC Alboi organiza a Andaina e Trailiño Alboi, en Viveiro, o 4 de febreiro
A Asociación Deportiva Cultural Alboi en colaboración co Concello de Viveiro organiza a Andaina e Trailiño Alboi o vindeiro día 4 de febreiro do 2024.
Será un percorrido de 12.5 quilómetros polos montes de Viveiro, cun desnivel positivo 600 metros, e estará sinalizado con cinta de cor verde, sinais e pintadas no asfalto.
A saída da andaina e o trail será dende a praza Maior, ás 10.00 e ás 11.00 horas, respectivamente. E chegada tamén á praza Maiora arredor das 14.00 horas. Haberá zonas de avituallamento en Cunqueiro, Km 6, líquido e sólido, e na meta.
A recollida de dorsais serán no salón multiusos do Concello o sábado 3 de 18.30 a 20.30 horas e o domingo 4 de 9.00 a 10.45 horas.
Para participar será necesaria previa inscrición e e os menores de 18 anos deberán ir acompañados en todo momento dunha persoa responsable maior de idade e esta firmará un documento autorización paternal aceptando a súa responsabilidade. As inscricións poderanse facer ata o día 29 de xaneiro ás 00.00 horas na web.
Finalizadas as probas, na praza Maior poderanse degustar uns pinchos no salón multiusos do Concello. Para calquer dúbida ou consulta, haberá que escribir a alboiadc@gmail.com ou chamar ao 603 348 937.