96 asociacións da provincia practican 650 horas mensuais de deporte co Movémonos da Deputación

TerraChaXa | AMariñaXa
9.
deporte deputación
6 Feb 2019

9.000 persoas de 96 asociacións e colectivos da provincia practican 650 horas mensuais de deporte co Movémonos da Deputación. Trátase do programa co que o Executivo Provincial achega monitores deportivos aos concellos de menos de 5.000 habitantes, a través de asociacións de veciños e entidades sociais, que poden elixir entre diferentes tipoloxías de actividades segundo as súas necesidades. Ante o éxito desta programación e a elevada demanda dos veciños o Goberno da Deputación decidiu continuar co Movémonos ata final da primavera.
O deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, explicou que “moitos dos usuarios repiten ano tras ano neste programa que non só supón unha iniciativa en prol da actividade física en colectivos e concellos, se non que tamén ten carácter social, ofrecendo un lugar de encontro entre os veciños, fomentando o lecer alternativo e saudable ademais das interaccións sociais”.
Outra liña de traballo do programa Movémonos, busca vencer os obstáculos e achegar os deportes a quen o ten máis difícil, como os colectivos de persoas con capacidades diferentes ou asociacións que traballan con xente en risco de exclusión social.
 
Actividades
As actividades impartidas repiten un ano máis dada a gran acollida que teñen. As asociacións tiveron a oportunidade de escoller entre todas as ofertadas para adaptarse as necesidades e especificidades dos usuarios. Estas son:
- Multideporte: Actividade de carácter deportivo multidisciplinar. Esta actividade dá a posibilidade de iniciarse en varios deportes coa finalidade de que se poida escoller o que máis adecúe ás posibilidades e/ou intereses das persoas participantes.
- Ximnasia de mantemento: Actividade dirixida que se basea nun conxunto de actividades encamiñadas á conservación e mellora da condición física, alcanzando un estado físico óptimo mediante o desenvolvemento de exercicios físicos de mantemento, tonificación e coordinación de forma xeral.
- Acondicionamento físico e aeróbico: O aeróbic é un tipo de exercicio capaz de estimular a actividade cardiovascular e respiratoria durante un tempo o suficientemente longo, como para producir no noso corpo determinados beneficios como mellorar a saúde, previr enfermidades, mellorar a forma física, incrementar o ritmo metabólico, eliminar graxas de reserva e reducir a tensión.
- Pilates: Traballa a musculatura profunda e superficial unindo aspectos do concepto de actividade física occidental e oriental a través de exercicios dinámicos, control do movemento, fluidez e respiración.
- Actividades para persoas con capacidades diferentes: Actividade física baseada na adaptación da tarefa ás capacidades de cada individuo. Dentro deste tipo de actividade englóbanse todas aquelas modalidades deportivas que se adecúan a persoas con diferentes capacidades, ben porque se realizaron unha serie de adaptacións e/ou modificacións para facilitar a práctica a ese colectivo, ou porque a propia estrutura do deporte permite a súa práctica sen adaptacións relevantes.
- Ximnasia Rítmica: A ximnasia rítmica é unha disciplina que combina elementos de ballet, ximnasia, danza e o uso de diversos aparellos como a corda, o aro, a pelota, as mazas e a cinta.
En total 96 asociacións de 47 concellos repartidos entre todas as comarcas da provincia, participan no programa, sumando catro novas con respecto ao ano pasado,  e chegando a un novo concello: Portomarín, a través da AA.VV. De Vilar (Vilaxuste).
Alfoz
San Vicente de Lagoa
Barreiros
Asociación O Cazcallal (Vilamar)
Asociación Irmandade San Caetano
Asociación Mulleres Rurais Tea De Araña
Burela
Asociación Camiña
Asociación De Axuda Ó Enfermo Mental "A Mariña"
Fundación Euson
Afan Burela (Alzheimer)
Cervo
Asociación Veciños Burgo De Trasbar
A.V. San Román De Vilaestrofe
Asociación de Axuda ao enfermo mental A Mariña
Foz
A. Asistencial Virxe do Carme de Foz
Lourenzá
Asociacion Veciños O Refuxio De San Xorxe
A.V. A Cazolga
Escolas Deportivas Lourenzá
Mondoñedo
Centro San Pablo E San Lázaro
Asociación De Veciños O Castelo De Oirán
Escola Do Carmen
Ourol
Asociación Irmáns Vilar Ponte
A Pontenova
Udp Val De Miranda
Ribadeo
A Mariña-COGAMI
Trabada
Asociación Os Tres Pes
Asoc. De MMRR Marco da Pena Verde
O Valadouro
Club de Baile Goldance
Viveiro
Aspanane 1
Aspanane 2
Afavi
Xove
A Mariña - COGAMI

0.16623401641846