855 persoas participaron na XXXIII San Silvestre de Ribadeo

AMariñaXa
O luns, 21 de novembro, ábrese o prazo de inscrición na XXXII San Silvestre de Ribadeo. Unha nova edición da cita 
2 Xan 2024

A XXXIII San Silvestre encheu de cor e de bo humor as rúas de Ribadeo esta tarde. Nesta edición foron 855 as persoas inscritas para despedir o ano practicando deporte.

Ao remate tivo lugar a entrega de premios ás gañadores e gañadores, que presidiron o alcalde, Daniel Vega, e o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, acompañados doutros compañeiros do equipo de goberno.

Vega e Silvent agradeceron a alta participación na San Silvestre de 2023: “queremos dar as grazas a todas as persoas, adultas e cativas, que quixeron dicirlle adeus ao ano que se vai facendo deporte en Ribadeo. Grazas a todas as voluntarias e voluntarios por colaborar e ás firmas que estiveron nesta edición acompañando ás corredoras e corredores. Agardámosvos a todos na San Silvestre de 2024”.

A clasificación da carreira pódese consultar en www.chmapionchipnorte.com

0.054896116256714