40 veciños da provincia premiados con tarxetas regalo da campaña Merca e Gaña polo Nadal
A Campaña Merca e Gaña polo Nadal, que tivo lugar entre o 6 de decembro e o 6 de xaneiro de 2019, buscou fomentar as compras nos comercios de proximidade. Nesta anualidade, contou con 10.000 euros en premios repartidos en tarxetas regalo de 200 e 300 euros, que deberán ser utilizadas para mercar no comercio de proximidade da provincia. O sorteo tivo lugar o pasado venres 11 de xaneiro entre os 31.500 tickets participantes, dos que saíron 40 gañadores das tarxetas regalo.
40 veciños da provincia foron premiados con tarxetas regalo de 10.000 euros pola campaña Merca e Gaña polo Nadal da Deputación e Federación de Comercio. Os premios foron entregados polo deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, acompañado pola alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o presidente da Federación de Comercio, José María Seijas, o presidente de Lugo Centrum CCA, José Luís Pérez, o Director Territorial de ABANCA en Lugo, Javier Soto Garrido, entidades colaboradoras con esta campaña. No acto, tamén se entregaron os premios do Concurso de Postais de Nadal Vive o Centro.
Santos Ramos subliñou “o éxito de participación nesta campaña, na que se rexistraron máis de 31.000 compras, o que amosa o compromiso dos veciños co comercio de proximidade, un dinamizador social e económico da provincia. As compras realizadas nesta campaña tiveron un valor estimado de 1,9 millóns de euros, un 18% máis ca o ano pasado, ademais de rexistrar 5.000 usuarios máis”
O número de premiados por Concello foron: 3 en Mondoñedo, 6 en Sarria, 2 de Viveiro, 1 de Xove, 3 de Monforte de Lemos, 2 de Rábade, 1 de Chantada, 8 de Lugo, 1 de Burela, 2 de Lourenzá, 4 de Foz, 3 de Vilalba, 1 de O Vicedo, 1 de Taboada, 1 de Ribadeo e 1 de Covas-Viveiro.