32 equipos participarán esta fin de semana no XVII Torneo de Fútbol Base da SD Ribadeo

AMariñaXa
32 equipos participarán os días 11 e 12 de xuño no XVII Torneo de Fútbol Base da SD Ribadeo nas categorías de benxamín e prebenxamín.
XVI TORNEO SD RIBADEO
8 Xuño 2022

Trinta e dous equipos participarán os días 11 e 12 de xuño no XVII Torneo de Fútbol Base da SD Ribadeo nas categorías de benxamín e prebenxamín. Os encontros disputaranse no estadio municipal Pepe Barrera e no campo do Ceip Gregorio Sanz. 

Galicia, Asturias, Castela-León, Cantabria e Portugal son os lugares de procedencia destes xoves xogadores e das súas familias. En total arredor de 600 xogadores se darán cita esta fin de semana en Ribadeo. O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz Freije, subliña que “entre xogadores e acompañantes estamos a falar de que recibiremos en Ribadeo a preto de dúas mil persoas esta fin de semana co que iso suporá para a economía local, sobre todo para hoteis, bares, restaurantes e tamén para o comercio”. E engadiu que “as fins de semana nas que se celebran torneos deportivos deste calibre son moi importantes para a nosa vila”.

Díaz Freije referiuse “á importancia do deporte base, dos valores que se lles transmiten a estes xoves xogadores a carón dos que estamos e estaremos desde o Concello de Ribadeo”. 

O XVII Torneo de Fútbol Base da SD Ribadeo nas categorías benxamín e prebanxamín foi presentado polo concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, polo xefe territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, pola presidenta da SD Ribadeo, Sandra Nonide, polo xerente de Acisa, Jesús Pérez, e polo técnico municipal de Deportes, Iván López. 

0.17076301574707