300 palistas na 59 edición da Travesía Ría de Foz

Foz
AMariñaXa
Foz acolleu a 59 edición da Travesía Ría de Foz, organizada polo Kayak de Foz co apoio da Deputación. Participaron arredor de 300 palistas
Travesia Ria de Foz 2021
13 Out 2021

Foz acolleu onte a 59 edición da Travesía Ría de Foz, organizada polo Kayak de Foz co apoio da Deputación de Lugo. Arredor de 300 palistas das categorías cadete, xuvenil, senior e master procedentes de 33 clubs de Galiza, Asturias e León disputaron a proba, que se disputa ininterrompidamente desde 1962.

Club Naval de Pontevedra, Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra e Club Cabanas KDM ocuparon o podio na clasificación por clubs, na que o Cidade de Lugo foi cuarto e o Viveiro Urban sétimo. Fluvial de Lugo, Altruán de Ribadeo, San Ciprián e o anfitrión, Kayak de Foz, completaron a presenza de clubs lucenses na regata.

En canto aos resultados individuais, as participación máis destacadas de palistas de clubs lucenses foron as de Miguel Rouco e Roi Blanco, do Club Fluvial de Lugo, campións en cadete e xuvenil k-1;  as das parellas formadas por Enma Devesa e Aleksandra Alforova e Víctor Devesa e Daniel Fernández,  de Cidade de Lugo, gañadoras en xuvenil e cadete k-2 ou a de María Ángel del Riego, tamén de Cidade de Lugo, primeira en master k-1

Tamén subiron aos podios  Andrea Rodríguez e Ángela Fernández, de Altruán Ribadeo, segundas en cadete k-2;  Samuel Fernández e Alejandro Zas de Club Fluvial de Lugo. segundos en cadete c-2; Lucas López e Aarón Paz, de Cidade de Lugo, terceiros en xuvenil k-2; Valeria Romero e Alberto Rodríguez de Cidade de Lugo, segunda praza en senior k-2 e Francisco e Alberto Pigueiras, terceiros en senior k-2.

0.20385313034058