250 alumnos do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo coñeceron a tres xogadores do CB Breogán

AMariñaXa
Ao redor de 250 alumnas e alumnos do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, de 1º e 2º de ESO, de 1º de BAC e da aula Especial, gozaron da presenza de tres xogadores do CB Breogán: Sergi García, Momo Diouf e Toni Nakic, acompañados de Máximus, a mascota do club lucense.
20 Dec 2023

Houbo tempo para os animados bailes de Máximus, para expor moitas preguntas aos xogadores, para facerse fotos, para a firma de autógrafos e para algún que outro mate e canastra.

Xogadores e mascota foron obsequiados polo centro educativo, que ademais recibiron gorros do Nadal (feito a medida no caso de Máximus) por parte de dous breoganistas ribadenses.

A cita tivo lugar no pavillón municipal de Ribadeo. Esta actividade forma parte do programa de patrocinio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a súa Área de Deportes.

0.074326992034912