17 entidades de voluntariado da provincia reciben unha achega

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Seis concellos e 17 entidades de acción voluntaria da provincia de Lugo recibiron axudas por parte do Goberno galego.
saf manos maiores axuda
23 Jul 2021

Seis concellos e 17 entidades de acción voluntaria da provincia de Lugo recibiron axudas por parte do Goberno galego por un valor total de  47.200 euros para apoiar programas de voluntariado xuvenil e sénior.

Na liña de voluntariado xuvenil, destinada a persoas de entre 16 e 30 anos, as entidades locais beneficiarias son Xove, Ribas de Sil, Quiroga, Cervo e Viveiro (Oficina Municipal de Voluntariado); ademais do colectivo Aliad Ultreia. Os proxectos presentados tiveron como temas protagonistas os relacionados co benestar das persoas maiores e a posta en valor do medio rural.

En canto ás accións de voluntariado sénior, a igualdade de xénero, a recuperación cultural ou o Camiño de Santiago foron os eixos principais dos proxectos. Na provincia de Lugo obteñen apoio neste eido os concellos de Mondoñedo e Ribas de Sil e as asociacións Aliad-Ultreia e Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Chantada.

Por último, na liña de axudas destinada ás entidades de acción voluntaria de carácter privado, a Xunta apoia programas impulsados polos colectivos Síndrome de Down de Lugo; Mulleres en Igualdade de Burela (Bumei); Aliad-Ultreia; Fundación Juan Soñador; Alume Saúde Mental; Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Lugo (Cogami Lugo); Axuda ao Enfermo Mental A Mariña; Aspnais; asociación cultural Xaquedrum; Alcer-Lugo; asociación xuvenil e cultural Ateibo, Asociación de Familiares de Personas con Alzhéimer e outras Demencias, AFA Viveiro; Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Chantada; Asociación Auxilia Lugo; Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias de Lugo, Afalu; Fundación Educativa e Social Dignidade e Asociación Montes e Vales Orientais.

No marco deste último programa, as entidades presentaron proxectos na área da sensibilización, formación e coordinación dentro do voluntariado.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17377114295959