16 centros escolares da Mariña homenaxean a Fernández del Riego no Correlingua en Lourenzá

AMariñaXa
16 centros escolares da Mariña homenaxean a Fernández del Riego no Correlingua en Lourenzá ao que se lle adicou as Letras Galegas
jovenes nenos deportes musica ocio
jovenes nenos deportes musica ocio
30 Maio 2023

Con Mekánika Rólling Band, gañadora do concurso Cantalingua, con Brais das Hortas e todas presentadas por Isabel Risco, Vilanova de Lourenzá homenaxeará hoxe a Fernández del Riego cun Correlingua que se celebrará na localidade de nacemento.

A carreira e o concerto farán a festa da lingua en Lourenzá, unha festa na que o alumnado do IES Illa de Sarón de Xove lerán o manifesto desta edición do Correlingua. Estas actividades foron suspendidas o pasado 16 de maio, data inicial da celebración, a causa do mal tempo.

Horarios

  • 10.45 Saúda de Isabel Risco e comezo do percorrido.
  • 11.00 Actuación de Brais das Hortas para alumnado infantil.
  • 11.50 Presentación de Isabel Risco e lectura do manifesto polo alumnado do IES Illa de Sarón de Xove.
  • 12.00 Concerto Mekánika Rolling Band
  • 12.45 Peche de Isabel Risco
correlingua lourenza
0.077709197998047