140 solicitudes na primeira edición de Coñece a túa provincia

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
62 asociacións da provincia beneficiaranse desta iniciativa turística integrado no Plan de Impulso de Economía da Provincia da Deputación
conece a tua provincia deputacion
13 Aug 2021

62 asociacións da provincia beneficiaranse desta iniciativa turística integrado no Plan de Impulso de Economía da Provincia da Deputación

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, anunciou a aprobación da listaxe de entidades admitidas no programa Coñece a túa provincia, unha das medidas integradas o Plan de Impulso de Economía da Provincia. A iniciativa, que recibiu 143 solicitudes de participación na súa primeira edición, inclúe viaxes por toda a provincia para entidades sen ánimo de lucro con sede nalgún dos 67 concellos da provincia. 

Tomé Roca valorou o éxito do programa e sinalou que “estamos moi contentos e orgullosos do poder de convocatoria desta iniciativa que naceu con vocación de continuidade e que creemos que contribuirá, de maneira moi importante, á recuperación sostible do sector turístico, da hostalería e do comercio local. Os sectores máis castigados pola pandemia gracias ó seu  efecto multiplicador”.

O órgano provincial admitiu a 62 entidades como primeiras beneficiarias e 79 foron incluídas na lista de agarda, só dúas asociacións excluíronse por non cumprir con algún dos apartados da convocatoria. As prazas foron adxudicadas por orde de inscrición ata completar as prazas, tal e como sinalan as bases.

“Lembrar que Coñece a túa Provincia inclúe o transporte para os traslados de ida e volta dende o lugar ou lugares de orixe, póliza de seguros de viaxeiros, menú de xantar e entradas e visitas a diferentes lugares de interese da provincia de Lugo. Uns servizos que serán gratuítos para os participantes”, destacou o mandatario provincial.

Reservas da Biosfera

A Xunta de Goberno tamén deu un paso máis na concesión de subvencións destinadas a entidades sen ánimo de lucro das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Ancares Lucenses, Montes de Cervantes, Navia e Becerreá. Esta medida, cunha concesión de 83.000 euros, forma parte do Plan de Impulso da Deputación de Lugo e conta con 23 asociacións beneficiarias. 

Esta medida conta con dúas liñas de actuación diferenciadas. A primeira será para a Reserva da Biosfera Terras do Miño, para a que se concede unha axuda de 45.000€ a repartir entre 12 entidades e que contará con actividades como o mantemento de rutas de sendeirismo, accións formativas ou a publicación de libros. A segunda vía de traballo é na Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses, Montes de Cervantes, Navia e Becerreá, con 38.000 euros e 11 beneficiarios, con propostas familiares, tradicionais ou gastronómicas, entre outras. 

Tomé Roca destacou que “conceder case o 100% das solicitudes realizadas é un fito importante porque esta é a primeira vez que se convocan este tipo de axudas”. “Son iniciativas que teñen como obxectivo o desenvolvemento do territorio a través de actuacións e proxectos vinculados ao medio ambiente e ao rural que poñan en posta en valor o patrimonio natural, cultural e paisaxístico das reservas”, recordou José Tomé.

Promoción interna vertical

José Tomé anunciou tamén a aprobación da convocatoria e as bases para a cobertura de 8 prazas para promoción interna vertical. Trátase dunha praza de técnico superior forestal e 7 para capataz de camiños, que serán publicadas no Boletín Oficial da Provincia nos vindeiros días onde se detallarán os prazos e o procedemento.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1747510433197