115 participantes deronse cita na terceira edición do Campus do Atlético de Madrid en Ribadeo
Un total de 115 participantes se deron cita en Ribadeo na terceira edición do Campus do Atlético de Madrid, que deu comezo o pasado 31 de xullo e que rematará hoxe, 5 de agosto. Segundo os organizadores debido ao éxito da cita xerouse unha lista de máis de 20 nenas e nenos interesados a maiores.
Ata o Campus do Atlético de Madrid se desprazaron na xornada de onte o alcalde, Dani Vega, e o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent. O rexedor felicitou á organización pola gran acollida desta cita deportiva e agradeceu que “unha vez máis elixisen Ribadeo para impartir este campus, pola promoción que supón para a nosa vila e polos valores que lles transmiten aos asistentes. Ribadeo é unha vila aberta, que conta con diversas instalacións deportivas para acoller esta e outras propostas, que sempre estamos encantados de recibir”.