O Porto de Burela xa loce diferentes murais
Este ano contou cun abano dos máis variado e con artistas e estilos moi diferentes
Tirso Paz, de Barcelona, foi o vencedor do V Certame de Pintura Mural Amarte, que se desenvolveu no muro do porto de Burela desde o pasado xoves, 5 de agosto.
Coa súa obra Meiga do Mar, Tirso Paz levou o primeiro premio dotado con 1.500 euros. O segundo premio foi para Ana Repullo, de Barcelona, con Marineros que levou un premio de 750 euros. E o terceiro premio, dotado de 300 euros, foi para Martín Cal, da Coruña, con A nosa Burela.
Os nove finalistas son: Filipe Alexandre, que é de Portugal, coa obra Tortuga; Anna Repullo de Barcelona, con Marineros; Armen Grygorov, ucraíno aínda que residente actualmente en Barcelona, con Sirena roja; Alessia Inoccenti, nacida en Chile, pero residente en Italia, con Marsinfin; Martín Cal, de Coruña, coa nosa Burela; Daniel Caro e Guillermo Torres, de Madrid, con Sueños eternos; Daniel Pedrosa, de Barcelona, con Sentimento dinámico; Tirso Paz, tamén residente en Barcelona que naceu en Lugo, con Meiga do mar; e Pablo Lage, de Lugo, coa obra Todo o que vai, volve.