O BNG de Viveiro pídelle reflexión á oposición para sacar adiante os orzamentos

AMariñaXa
A pesar das dificultades económicas, o BNG está a traballar dende o primeiro día para sacar adiante proxectos que beneficien a Viveiro.
bng_viveirp
Imaxe do encontro
1 Xuño 2024

A pesar das dificultades económicas, o BNG está a traballar dende o primeiro día para sacar adiante proxectos que beneficien a Viveiro. As obras de mantemento con auga a presión no paseo fluvial están a piques de comezar e o contrato da luz está en proceso, o cal suporá un aforro significativo. Estamos tamén a traballar en estudos importantes como os de Accesibilidade e Mobilidade. Ademais, están en marcha obras de ampliación e mellora do saneamento en Viveiro e Celeiro, e prevista a reparación do abastecemento de Magazos a Xunqueira con novas beirarúas. Tamén neste mes de xuño irán para aprobación as ordenanzas de acceso a praias e da saca de madeira.

Citan proxectos para o futuro como a adquisición dun novo tractor de desbroces e a renovación do parque infantil da Atalaia. O novo procedemento para a xestión de biomasa está operativo, e o servizo de praias ampliouse nun mes. Próximamente, licitaranse as obras do parque Pernas Peón, que contribuirán á mellora da accesibilidade e da flora deste espazo ademais dos camiños que xa foron renovados, tamén están en proceso de licitación as obras de mellora do punto limpo, a licitación dos postos da praza de abastos e a renovación do edifcio, entre outras moitas actuacións importantes.

Aseguran que o actual goberno bipartito, conformado entre o BNG e o PSOE no que se estableceu un reparto de áreas, como é habitual en calquer acordo de goberno, está traballando con total normalidade, cunha coordinación clara e efectiva para o beneficio de todos os veciños e veciñas de Viveiro. A pesar de que non asinaron ningún acordo formal con Por Viveiro, o BNG está a traballar activamente na consecución dos 15 puntos establecidos nese acordo.

Recalcan que sempre estiveron en conversas con PSOE e Por Viveiro para chegar a un consenso sobre os Orzamentos de 2024. Dado que a elaboración dun orzamento non é algo doado e precisa dos debidos estudos e cálculos para cadrar contas, desde o BNG falaron con ambas forzas antes, durante e unha vez finalizada a elaboración. Apelan á responsabilidade da oposición pois é crucial para o concello contar con este orzamento, xa que a situación económica actual podería comprometer cuestións de vital importancia, como o proceso de estabilización que permitirá reforzar áreas esenciais como a de obras, intervención ou contratación e incluso á tramitación de contratos de subministros e servizos para o normal funcionamento do Concello.

Por último, queren expresar a preocupación por un Partido Popular que “promove a desinformación cun comportamento inmaduro e de confrontación, co cal  impiden o debate político e prosperación de acordos”. Sosteñen que tampouco no pleno de aprobación dos orzamentos foron quen de mencionar un só apartado cos que estiveran en desacordo, e aínda así, decidiron votar en contra. Dende o BNG, piden ao Partido Popular para que reflexione sobre as súas tácticas desleais á cidadanía e adopte unha actitude máis construtiva e responsable. Instan á oposición a desbloquear esta situación e a colaborar na resolución dos retos.

0.15428304672241