Volve a ximnasia de mantemento a Ourol

AMariñaXa
O Concello de Ourol vai levar a cabo un curso de ximnasia de mantemento para persoas maiores co obxetivo de mellorar a calidade de vida
ximnasia mantemento maiores
21 Sep 2021

O Concello de Ourol vai levar a cabo un curso de ximnasia de mantemento para persoas maiores co obxetivo de mellorar a calidade de vida das persoas e retrasar os efectos do envellecemento a través da realización de exercicio físico adapatado.

Haberá dous grupos, un os martes e outros os venres, que daraá comezo o 5 e o 8 de outubro respectivamente en horario de 11.00 a 12.00 horas.

O curso contará cun máximo de 12 prazas que se distribuirán en dous grupos de 6 persoas máximo e impartirase no edificio multiusos.

Todas aquelas persoas interesadas en participar nesta actividade deberán dirixirse ao departamento de servizos sociais ou chamar ao teléfono 982 559 109 ou 677 489 457.

⚙ Configurar cookies
0.38665294647217