Xudán prepárase para celebrar a Festa das “Hijas de María” cun día cheo de tradición, boa comida e animación

AMariñaXa
A parroquia vivirá o 3 de maio unha intensa xornada festiva con misa solemne, procesión, comida popular, música, xogos e exhibicións
festas-patronais
Imaxe recurso
2 May 2025

A parroquia de Xudán, en A Fonsagrada, vivirá este venres 3 de maio unha das súas celebracións máis queridas: a Festa das “Hijas de María”, unha xornada cargada de relixiosidade, boa gastronomía e propostas lúdicas para todos os públicos.

O programa comezará ás 13:00 horas cunha misa solemne, seguida da tradicional procesión polas rúas da localidade. Tras os actos relixiosos, a música dará paso á sesión vermú e ao xantar popular, que este ano estará servido polo Cátering Sarredo. O menú incluirá croquetas, arroz caldoso con lumbrigante, lacón ó forno, sobremesa, viño, auga, gasosa e café. O prezo será de 26 euros para os adultos e 16 euros para os nenos de entre 3 e 10 anos.

A tarde continuará con xogos para a cativada, unha exhibición de zumba para mover o esqueleto e a actuación musical de Tania Cabarcos, vocalista do Grupo Fénix, que poñerá a nota festiva á celebración.

As entradas poderán adquirirse ata o martes 29 de abril nos puntos habituais: Taberna Alberto, Librería Eugenia e San Briz, ou contactando cos teléfonos indicados na cartelaría oficial.

A Festa das “Hijas de María” mantén viva a tradición e o espírito de comunidade en Xudán, ofrecendo unha ocasión perfecta para o reencontro entre veciños, familias e visitantes.

⚙ Configurar cookies
0.15896987915039