Xudán, na Pontenova, celebra unha festa con xantar popular e sesión vermú
AMariñaXa
Xudán, na Pontenova, celebra a Festa das Hijas de María o sábado 11 de maio.
6 Maio 2024
Xudán, na Pontenova, celebra a Festa das Hijas de María o sábado 11 de maio. Haberá misa solemne ás 12.30 horas, seguida de procesión e sesión vermú. Ademais haberá xantar a base de empanadillas, arroz caldoso, codillo ó forno, sobremesa, viño tinto, auga, gasosa e café.
A comida ten un prezo de 25 euros para os adultos e de 15 para os nenos de 3 a 10 anos. Haberá baila amenizado por Verónica Cambón. Os interesados poden comprar os tickets en Taberna Alberto, Librería Eugenia e en San Briz.