Xudán, A Pontenova, celebra as súas festas

AMariñaXa
Haberá xantar veciñal, sesión vermú e verbenas co Dúo Epo-K e Trío Tapyoka, entre outros
festas-patronais
Imaxe recurso
14 Xul 2024

Xudán, A Pontenova, celebra as súas festas. O programa arranca o venres 19 cun xantar a base de empanada, croquetas, churrasco, criollo. Tar de santiago e bebidas por un prezo de 20 euros para adultos e de 12 para os nenos. Xa pola noite, haberá verbena co Dúo Epo-K.

A celebración continúa o sábado 20 con misa solemne a partir das 13.15 horas e procesión. Seguiralle a sesión vermú co Trío Tapyoka que tamén amenizará a verbena. O domingo haberá tamén misa solemne e procesión dende as 13.30 horas e sesión vermú amenizada polo grupo de música tradicional Mestura de Nete.

0.19739007949829