Xove volverá contar un ano máis co seu programa de verán

AMariñaXa
Xove volverá contar un ano máis co seu programa de verán para a mocidade. Inclúe festas, xogos, excursións, deporte, obradoiros, etc.
presentacion programa veran xove 2022
11 Jun 2022

Xove volverá contar un ano máis co seu programa de verán para a veciñanaza e que foi presentado polas concelleiras de Servizos Sociais e Xuventude e Deporte, Ana Abad e Cristina Iglesias e respectivamente.

Trátase de actividades deportivas e lúdicas en xeral. "É un programa moi amplo que inclúe festas, xogos de todo tipo, excursións, competicións deportivas, obradoiros, etc.", informaron.

As actividades que se van desenvolver son rutas de sendeirismo, cursos de padel, festa acuática, conciliación de verán ou un programa de actividades máis enfocado na xuventude entre outros.

As Rutas San Antonio da Rigueira, serán o luns 13 de xuño e o prazo para anotarse é ata o 10 de xuño, os programas Móvete mp verán e Móvete no verán con Sala 5, están adicados a nenos e rapaces dende 3 anos a maiores de 18. Inclúen xogos, full body, Pilates,etc, e para participar será necesaria a previa inscricións antes do 29 de xuño na OMIX.

O curso Pádel no verán desenvolverase do 4 de xullo ao 19 de agosto, a partieres de 6 anos. As inscricións poden facerse ata o 29 de xuño na OMIX.

A festa acuática será na praia de Portocelo o domingo 31 de xullo a partir das 16.00 horas e contará con inchables acuáticos, xogos na auga, kayaks,…

Xove concilia verán, as actividades de entretemento para nenos de 4º de infantil ata 4º de primaria, será do 24 de xuño ata o 6 de setembro. Conta con prazas limitadas e a inscrición é ata o 21 de xuño na OMIX.

O programa Mañáns activas, adicado a rapaces de 10 a 16 anos durante durante os meses de xullo e agosto, desenvolverase con obradoiros de manualidades, xogos deportivos e actividades na natureza. As inscricións están abertas ata o 29 de xuño na OMIX.

O programa Xuventude terá diferentes actividades dependedo dos días. Así o 9 de xullo será a Ruta dos Fornos da Pontenova para nenos a partir de 1º de ESO, os días 13, 14 e 15 de xullo serán o Campamento en Morás a partir de 6º de primaria, o 23 de xullo haberá Paintball a partir de 3º da ESO, o 6 de agosto haberá unha viaxe ao Aquapark de Cerceda a partir de 1º de ESO, e o 19 de agosto será a Operación Diamante en Xove para nenos a partir de 6 anos.

As inscricións para estas actividades deberán realizarse na OMIX unha semana antes de cada actividade.

O programa Xuventude Roq Sport, que conta con prazas limitadas, será en horario de mañá, con saída da marquesiña do bus do Concello, e será unha viaxe ao Parque de aventura o 7 de xullo, Orientación o 21 de xullo, Sup e Big Sup o 4 de agosto e Paint ball infantil o 18 de agosto.

O programa Xuventude en a Balea Verde, terá prazas limitadas. E vaise desenvolver os días 6, 11, 18, 27 e 29 de xullo, e 1, 8, 10, 12, 24 e 26 de agosto. Este programa inclúe sendeirismo, kayak, obradoiros de reciclaxe, snorkel, actividas acuáticas, praia,… As inscricións deberán facerse na OMIX ata 2 días antes de cada actividade. Estas actividades vanse realizar en horario de mañá, con saída da marquesiña do bus do Concello.

Os domingos a remollo na praia de Lago, será os días 3, 10, 17, 24 e 31 de xullo, e 7, 14 e 21 de agosto. Con saídas en kayak e padel surf, en horario de 16:00 a 19:30 horas. Haberá que inscribirse na praia media horas antes da actividade.

A organización corre a cargo do Concello de Xove, concretamente das Concellerías de Servizos Sociais, Xuventude e Deporte. Contamos tamén co patrocinio da Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social e da da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Adminiastracións Públicas e Xustiza, Secretaría Xeral da Igualdade.

0.16766595840454