Xove tamén terá a Cabalgata de Reis

AMariñaXa
O Concello de Xove tamén terá a Cabalgata de Reis, que dará comezo ás 19.00 horas do 5 de xaneiro polas rúas do Concello.
reis magos
3 Xan 2024

O Concello de Xove tamén terá a Cabalgata de Reis, que dará comezo ás 19.00 horas do 5 de xaneiro polas rúas do Concello. Ademais os Reis Magos visitarán a Residencia San Bartolomeu.

Xa pola tarde , ás 20.00 horas estarán no pavillón municipal para recibir aos nenos e acompañados de animación musical da man dunha discoteca móbil.

A comitiva partirá dende a nave-almacén que o Concello ten nas inmediacións do Campo Municipal de Fútbol, continuando a súa andaina pola rúa Acceso Grupo Escolar, pasando despois á avenida Deputación, que recorrerán en boa medida, cortarán despois por Doutor Baamonde Illade, seguindo polo Camiño Real ata chegar ao Pavillón de Deportes. Despois os Reis inda estarán un bó rato con todos os nenos no pavillón, recollendo cartas, sacándose fotos, etc.

Pode suceder que por cuestións meteorolóxicas non poida realizarse a Cabalgata polas rúas de Xove. Pois ben, se se suspendese a Cabalgata non sairían as carrozas pero os Reis irán para o Pavillón de Deportes, lugar onde estarían con todos os nenos, e despois gozar da Festa Infantil coa Discoteca Móbil.

0.12589502334595