Xove será durante un par de semanas o lugar de rodaxe da terceira tempada da serie Rapa
Xove será durante un par de semanas o lugar de rodaxe da terceira tempada da serie Rapa, da cadea Movistar Plus, e que convertiuse nun éxito.
A serie que é un thriller rural está protagonizada por Javier Cámara e Mónica López, e conta cun amplo abano de actores galegos e moi coñecidos na Crtvg.
Rapa está creada e escrita por Pepe Coira e Fran Araújo, e dirixida por Jorge Coira, a ficción gravará en Ceranzos, na parroquia de Xuances, que pertence ao concello de Xove e que conta co vistas á praia de Esteiro.
Este será o escenario principal dos novos episodios que previsiblemente terán como punto de partida un asasinato, como nas anteriores tempadas.
Será a partir do 13 de setembro cando o equipo de rodaxe se desprace ata Xove e estarán arredor dunhas tres semanas.