Xove: Ruta Pau da Vella

AMariñaXa
O percorrido foi proposto pola Asociación de Mulleres Bolboretas no 2006 e mestura o gusto pola práctica do sendeirismo e o contacto coa natureza
ruta-pau-da-vella-en-xove
19 Out 2024

Esta ruta de tipo circular e dificultade media foi proposta pola Asociación de Mulleres Bolboretas de Xove en marzo do ano 2006. Tratouse dunha iniciativa de tipo ambiental desde o seu comezo, para que se tivo en conta tanto o gusto pola práctica do sendeirismo como polo contacto coa natureza.

O percorrido Monte Pau da Vella ten o seu inicio fronte ao centro social de Penasagudas, ao que se chegue tras percorrer uns 11 quilómetros dende o centro de Xove pola estrada LU-P-2604. O traxecto transcorre e gran parte polos camiños veciñais da Comunidade de Propietarios Laxamoura, que agrupa á case totalidade dos habitantes de San Isidoro de Monte.

Seguiremos ata esta parroquia e ao chegar á igrexa de San Isidoro, que data do século VI e foi reformada no 1966, hai que seguir as indicacións do panel informativo. A poucos metros do letreiro, a través dunha pista sen asfaltar á esquerda, continuará tres quilómetros. Un novo cartel sinala o resto do traxecto de dous quilómetros aproximadamente ata a cima. No cume deste miradoiro atópase unha cruz de granito, probablemente a máis antiga do municipio, dun metro de altura.

O punto central da ruta é o Monte Pau dá Vella, que lle dá nome ao carreiro. Situado na Serra do Buio, na parroquia de Monte, é o punto máis alto do municipio con 702 metros de altitude e constitúe o marco divisorio do Ferreira do Valadouro, Cervo, Viveiro e Xove. Descoñécese a orixe deste monumento, de feito hai teorías que aseguran que está dedicado aos deuses nun antigo camiño romano que puido pasar por aquí e que foi adoptada polo cristianismo.

Grazas a súa altura, desde este punto pódese gozar dunhas fermosas vistas do litoral de Xove e San Cibrao, dos cumios do Xistral, e non vemos a costa ata Asturias xa que as cubre un manto de nubes que asoman os picos das montañas litorais. A paisaxe está dominada por grandes pastos onde o gando se cría en liberdade e o silencio só se tende a romper polo son das aspas dos muíños de vento.

 

 

igrexa-san-isidoro-de-montes-xove
0.18384408950806