Xove: ruta dos muíños e das fadas

AMariñaXa
Xove: ruta dos muíños e das fadas. unha ruta divertida e familiar na que os pequenos e maiores desfrutarán moito
casa gnomos xove 2
21 Maio 2023

Sendeiro polo carón do río Regueira no que se poden ver diversos elementos hidraúlicos e casiñas de gnomos.

A ruta dos muíños atópase na parroquia da Rigueira, e é un paseo fluvial de ida e volta que percorre a beira do río homónimo ao longo de aproximadamente 7 quilómetros. O tempo empregado para realizala é de case dúas horas e cun grao de dificicultade é escaso dado o suave desnivel do seu percorrido.

Esta ruta pode comezar no lugar de Regosangüento ata a igrexa parroquial de San Miguel da Rigueira, no lugar da Ponte do Carro. O sendeiro mide aproximadamente metro e medio de ancho e está composto de terra. No transcurso desta ruta, os paseantes atoparán nove pontes de pedra e oito de madeira, ademais dunha gran cantidade de muíños.

Así, hai un total de nove muíños hidráulicos de rodicio horizontal (roda motriz horizontal) que, de norte a sur se denominan: Muíño de Abad, do Concheiro, de Gervasio, de Penacurva, de Canaledo, de Villarquide, de Fabás, de Meixide e Muíño Municipal.

Os muíños presentaban diferentes modalidades como son os de parceiros, os cales pertencían a varios veciños que adquirían o seu dereito ao uso participando economicamente na súa construción e mantemento; e habíaos particulares, onde o propietario podía moer para outros a cambio dunha porcentaxe (maquía) da moenda.

O muíño é importante na cultura de Xove porque foi un centro privilexiado para as relacións sociais do pobo, e transformouse nunha fonte inesgotable de cantigas, refráns e contos.

Ao carón desta ruta fluvial atópase tamén a ruta das Fadas, na que se agochan nos troncos dalgunhas árbores, unha serie de portas de acceso ás casiñas das fadas e dos trasnos.

Esta é unha ruta que se atopa no percorrido da Ruta dos Muíños, na parroquia da Rigueira, ao longo dun kilómetro de distancia entre os muíños de Abad e do Concheiro.

A brillante idea, que xurdiu dunha iniciativa privada, que fomenta a imaxinación dos máis pequenos, ademais de ofrecerlles a posibilidade de aprender que na natureza viven outros seres á parte dos humanos, polo que debemos facer o posible en conservala. É unha forma estupenda de facer deporte paseando pola contorna do río Rigueira e de aprender e educar ás futuras xeracións en valores medioambientais.
É unha fermosa ruta sobre todo na tempada de primavera pois a contorna fai que os visitantes se mergullen na natureza.

ALDEA MAXICA xove
muino regueira xove
casa gnomos xove
0.18948912620544