Xove presenta o Calendario 2026 que mestura paisaxes e refráns populares

O Concello de Xove, liderado polo alcalde Demetrio Salgueiro Rapa e a concelleira de Cultura, Dolores Meitín Guerreiro, presentou o seu Calendario 2026, unha iniciativa que cada ano chega a todos os domicilios do municipio nestas datas.
A edición deste ano combina a riqueza paisaxística e cultural das oito parroquias xovenses, ofrecendo cada mes unha imaxe que reflicte a beleza do territorio acompañada dun refrán ou expresión popular do municipio. Estas tradicións orais, transmitidas de xeración en xeración, recollen a filosofía, o humor e o xeito de vivir do pobo de Xove, facendo que o almanaque non só mostre os paisaxes máis fermosas, senón tamén un pequeno reflexo da súa alma.
O Concello agradeceu a colaboración dos participantes nos concursos de fotografía medioambiental e ao fotógrafo local Emilio Pérez, cuxas imaxes enriquecen a publicación. O almanaque complétase cunha felicitación de Nadal do alcalde e da corporación municipal, así como cunha completa listaxe de teléfonos e servizos de interese para a veciñanza.