Xove prepárase para celebrar a XII Festa do Percebe o vindeiro 19 de xullo

AMariñaXa
O pregoeiro desta edición será D. Basilio Otero, presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores
xove-percebe
8 Jul 2025

A contorna da praza do Centro Cívico de Xove acollerá, o sábado 19 de xullo, unha nova edición da xa consolidada Festa do Percebe, que este ano celebra a súa décimo segunda edición. A presentación oficial do cartel tivo lugar recentemente, coa presenza dos organizadores da cita gastronómica, membros da Asociación de Festexos A Medorra —Jordi Meitín, Julio Lamelas e Borja Cociña—, acompañados pola Primeira Tenente de Alcalde, Mª Dolores Meitín.

A festa dará comezo ás 12.00 horas cun pregón a cargo de D. Basilio Otero, presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores, figura destacada do sector mariñeiro que este ano será o encargado de dar o pistoletazo de saída á xornada.

O ambiente festivo estará garantido coa música tradicional de “Os Charangos de Neda” e cos animados cantos de taberna do grupo “Espera que vou mexar”, que poñerán ritmo e alegría a unha cita que mestura o mellor da gastronomía mariñeira coa tradición e o espírito popular.

 

⚙ Configurar cookies
0.18349480628967