Xove prepara un Nadal cheo de actividades

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
10 Dec 2019

O Concello de Xove vén de prepara un amplo programa de Nadal para o desfrute de pequenos e maiores.

Así, o 23, 24, 26 e 27 será a semana Lecer Blanco organizada porlo Anpa Pedro Caselles Rollán na que haberá que anotarse antes do día 20. Ten un prezo de 20 euros en só é para socios.

O sábado 14 será a videoproxección fotográfica Clic ás 19 horas no salón de actos do Centro Cívico, e o domingo 15 poderase ver o documental A Baleeira de Morás ás 19 horas no salón de actos do Centro Cívico.

O venres 20 haberá un concerto de Crooner ás 23.00 horas no pavillón municipal de deportes e o sábado 21 inaugurarase oficialmente o Nadal, a partir das 19 horas no pavillón, coa chegada de Papá Noel.

O domingo 22 ás 19.00 horas no Centro Cívico, o Grupo Adala de Fazouro, representará Que cousas pasan no camiño.

O 27 será a quenda do Gran Concerto de Nadal coa orquestra Clásica de Xove, no Centro Cívico ás 19.00 horas.

O sábado 28 ás 21.30 horas no pavillón de deportes os afeccionados a música desfrutaran o IX Concurso de Karaoke. Para participar haberá que inscribirse antes do 27 de decembro. A organización lembra que para este acto, os participantes que leven música propia poderán realizar a inscrición previa ata o 20.

Tamén o 27 e 28 o II Torneo de Bádminton encherá o pavillón do Ceip Pedro Caselle de deporte. Para participar é necesario anotarse antes do 24.

O día 29 ás 19 horas, o Centro Cívico acollerá o concerto Os tres amigos do acordeón: Herminio, Modesto e José, e xa o luns 31 ás 11 no pavillón municipal haberá unha festa infantil de fin de ano.

O venres 3 de xaneiro, Aspanane representará ás 19.00 horas no Centro Cívico as obras Cegos e o Elefante e O Pícaro de Viveiro e o Día dos Nenos, o día 4, haberá xogos acuáticos na piscina municipal de 11 a 14 e de 16.30 a 19.30, e inchables no pavillón de deportes de 16 a 20 horas.

O propio día de Reis, será a Cabalgata polas rúas de Xove. Esta sairá ás 19.00 horas previa visita á Residencia San Bartolo, e chegará ás 20.00 horas ao pavillón de deportes para sacar fotos cos nenos e desfrutar da música que amenizará a festa. A organización lembra que as persoas voluntarias que queiran participar terán ata o 27 de decembro para anotarse chamando á Omix.

 

0.19578886032104