Xove prepara a romaría de San Antonio da Rigueira
AMariñaXa
Os interesados poden anotarse no Concello para poder facer a romaría, recibir a Ventura e a flor do San Antonio

Imaxe da romaría
19 May 2024

O concello de Xove prepárase para a romaría de San Antonio da Rigueira, considerada Festa de Interese Turístico de Galicia. A cita terá lugar o vindeiro 13 de xuño. Os interesados poden anotarse no Concello para poder facer a romaría, recibir a Ventura e a flor do San Antonio antes do 11 de xuño. Tamén se pode facer con animais de compañía, xa que non haberá bombas.
