Xove premia aos deportistas do concello

AMariñaXa
Celebrouse en Xove a Festa do deporte organizada polo departamento de deportes do Concello, acto que pon fin a temporada 2023-24
festa_de_deporte_xove
festa_de_deporte_xove
8 Xul 2024

Celebrouse en Xove a Festa do deporte organizada polo departamento de deportes do Concello, acto que pon fin a temporada 2023-24.  Nela participaron gran parte dos deportistas que pertencen ás asociacións e clubs de Xove. Para este evento tamén estiveron presentes Demetrio Salgueiro, alcalde do Concello de Xove, Cristina Iglesias, concelleira de Deportes e Xuventude, e as concelleiras Dolores Meitín, Cecilia Duarte e Tamara Soto.

Fíxose entrega dunha medalla a tódolos participantes e aproveitamos para homenaxear a aqueles que acadaron podio nas diferentes competicións oficiais dos distintos deportes practicados.  Os galardoados foron o Equipo cadete da SD Xove FS campión Liga Autonómica. Equipo Senior da SD XOve FS Playoff Ascenso a segunda división nacional. Equipo prebenxamín de fútbol sala da ACD Xove quedou subcampión provincial e campión da Liga de A Mariña. Equipo Benxamín de fútbol sala da ACD Xove proclamouse campión da Copa de A Mariña.

Tamén foron galardonados os equipos de primaria e secundaria de patinaxe artística da ACD Xove, Paula Fernández e Sabela Cereijo campioa e subcampiona provincial de duatlón, así como Iago Sánchez campión provincial de Bádminton. En natación Rubén Antón, Luis Riveira, Hugo Otero, Enma Buján, Erín Augusti, Iago Pérez, Emilia Barro, Sabela Ramos, Enol Valdés, Xavi Isasti, Esmeralda Cuba, Sabela Be, Pilar Vázquez, Anselmo García, Víctor Míguez, Bruno Oroza, Andrea Alvite e Juanma Ferro foron os galardoados; mentras que en Bolos foron Miguel López, Ginés Rodríguez, Julia López, Belén Meitín, Carmén Roca, Marcelino Rodríguez, Cristian RRodríguez e Javier Rodríguez.

Dende a organización deuse as gracias as directivas, adestradores e delegados por fomentar a práctica deportiva entre a veciñanza. Así como a aposta dende o Concello por fomentar todo tipo de práctica deportiva para todas as idades, organizando infinidade de actividades ao longo de todo o ano e construíndo e mellorando novas instalacións deportivas de acorde á actualidade e demandadas polos veciños e veciñas.

0.098978996276855