Xove participará no Festival Cine de Mulleres
									AMariñaXa								
			A aula de formación do Concello de Xove acolle dentro das actividades do 25N a iniciativa Festival Cine de Mulleres.
 					
					
6 Nov 2022
			
				A aula de formación do Concello de Xove acolle dentro das actividades do 25N a iniciativa Festival Cine de Mulleres. Nesta cita poderase desfrutar de dúas películas.
Neste festival poderase ver o venres 11 de novembro ás 19.30 horas a película Julia e o sábado 12 ElSecreto de las abejas. Acto seguido haberá un coloquio nun formato de cineforum co Observatorio da Mariña pola Igualdade.