Xove outorgará axudas de mil euros aos hostaleiros

AMariñaXa
O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, anunciou que o Concello destinará un total de 18.000 euros para axudas ao sector hostaleiro.
hostalería terrazas
6 Maio 2021

O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, anunciou que o Concello destinará un total de 18.000 euros para axudas ao sector hostaleiro castigado pola pandemia da covid, que provoucou o peche dos establecementos en varias ocasións.

Serán polo tanto 18 as empresas beneficiarias destas axudas, que recibirán unha subvención adicional de mil euros para cada unha. “Sumámonos así, ás postas en marcha pola Xunta de Galicia dirixidas especialmente á hostalaría”.

Estas axudas, explica Salgueiro, son complementarias ás que puxo en marcha o Concello hai un meses dentro do Plan de Emprego Municipal e no que se investiron 70.000 euros.

Precisamente estes días, o Concello abriu tamén a quenda de presentación de xustificantes para os beneficiados das axudas Reactiva Xove 2020, que se solicitaron hai seis meses.

0.19536089897156