Xove organiza unha xornada sobre os naufraxios das súas costas

TerraChaXa | AMariñaXa
10 Abr 2019

O Departamento de investigación social de Xove organiza unha xornada de conferencias sobre o patrimonio subacuático do concello.
Xove conta cun patrimonio subacuático de enorme importancia, co pecio documentado máis antigo de Galicia, o Honor, afundido nas costas do municipio no ano 1544.
Os relatorios comezarán ás 17:30 horas, co nomeado Os naufraxios na costa de Xove, seguirao ás 18:20 horas Honor: o pecio máis antigo de Galicia, afundido en Lago no 1544.
Continuará o relatorio ás 19:25 horas coa charla As pezas do pecio de Lago e a súa conservación, un conxunto extraordinario de peltres de orixe flamenga, que evidencian o comercio dunha mercadoría de gran calidade e alto prezo na metade do século XVI, que analizaremos con Diana Blanco Patiño, experta en restauración e conservación.
Finalizará coa última disertación ás 20:10 horas, Espolio: os perigos do patrimonio somerxido, un grande problema que lle afecta ao patrimonio subacuático de todo o estado.
Por este motivo, dende o Departamento de Investigación Social do Concello de Xove, convidaron a prestixiosos profesionais da Arqueoloxía Náutica e Subacuática, da Conservación, e da Función Pública, para impartir os relatorios desta Xornada, con entrada libre e gratuíta para todos aqueles interesados na materia.

0.21230602264404