Xove organiza unha xornada de arqueoloxía
AMariñaXa
O Concello de Xove organiza para o venres 15 de xullo unha xornada de arqueoloxía no salón de actos do centro cívico.
13 Jul 2022
O Concello de Xove organiza para o venres 15 de xullo unha xornada de arqueoloxía no salón de actos do centro cívico.
Esta cita será ás 19.00 horas e terá unha duración de 2 horas no que se presentará A memoria da paisaxe e os resultados da excavación de San Tirso de Portocelo.
Ás 19.00 comezará a xornada sobre a publicación A memoria da paisaxe, a cargo de Sergio Pereira, arqueólogo membro de NOSO cooperativa, autores da mesma.
E máis tarde, falaranse dos resultados da I Fase da Escavación do Xacemento de San Tirso de Portocelo, a cargo de David Fernández Abella, arqueólogo director da intervención.