Xove organiza un obradoiro infantil para fomentar a relaxación e a expresión emocional

O Concello de Xove prepara un obradoiro para nenos e nenas que se celebrará este sábado 11 de abril ás 17.00 horas na casa do director.
Dirixido a menores de máis de 6 anos, o taller combina xogos, movemento e técnicas de respiración para que os pequenos aprendan a relajarse, mellorar a concentración, conectar co seu corpo e expresar as súas emocións.
O obradoiro promete ser un espazo divertido, tranquilo e cargado de boa enerxía, ideal para que os nenos experimenten e disfruten mentres aprenden.