Xove organiza un obradoiro de ioga para nenas e nenos

O Concello de Xove organiza o vindeiro sábado, 26 de abril, un obradoiro de ioga dirixido a nenos e nenas. A actividade levarase a cabo na Casa do Director ás 17.00 horas.
A clase será totalmente gratuíta e para participar será necesario inscribirse previamente a través do 691 235 185 (Olalla).